jueves, 16 de marzo de 2023

AS ACTIVIDADES CON SERGIO MOLAN!!!

 d


Fan actividades no ximnasio de psicomotricidade para logo traballar na aula conceptos e destrezas.




Con Sergio tamén facemos xogos cooperativos nos que, por exemplo, teñen que darlle explicacións ós compañeiros para que traten de adiviñar a palabra que está detrás deles. É importante,neste caso, manter orden, falar alto, respetar o turno e sobre todo, prestar atención!!





Hoxe xogamos coas letras do abecedario locas!!! 


Na  PIZARRA DIXITAL, iamos saíndo para ver que letra saía ó azar utilizando a app.


Despois tiñan que xuntarse por equipos e tratar de, entre todos, de acordar 1 SOA RESPOSTA (tiñan que dicir un animal, ou comida,...)



Tras uns minutos, saía un representante de cada equipo e tiñan que dicir a súa resposta. Conseguían 2 puntos por cada resposta, excepto que coincida esa resposta coa doutro equipo, que entón soamente sería 1 punto.




Importante escoitar ós demáis e tratar de chegar a acordos. 
Somos uns equipos que temos que ter unidade.






E, como saben, o importante é pasalo ben xuntos e, se vedes este pequeno vídeo, xa vedes que APRENDER APRENDEN...pero se é lúdica a actividade, MELLOR!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...