Tivemos o luxo de contar cunhas familias estupendas formadas por enfermeiras e médicos estupendos que organizaron un OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS para todos os cursos do colexio.
Estivemos no ximnasio onde tiñan organizados varios stands con material médico: vendas, depresores, aparato para medir a tensión..
Explicáronnos moitas cousas e tamén puidemos manipular o material e poñernos no rol destes profesionais.
Unha xornada divertida á vez que aprendimos moito sendo enfermeiros, médicos e pacientes.
Que sorte tivemos de poder participar neste obradoiro!!! Pasámolo xenial!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario