lunes, 15 de mayo de 2023

O MONSTRUO DAS SÍLABAS

 Na clase de PELO, Plan de Estimulación da Linguaxe Oral, traballamos por grupos.



Cada grupo tiña varias tarxetas con imáxenes.



Por turnos, tiñamos que sacar da caixa do monstruo lila unha tarxeta coa SÍLABA INICIAL coa que comezaba o nome dalgunha das imaxes das nosas tarxetas.



A cousa estivo moi reñida ata o final!!! Pero que ben o pasamos!!! Disfrutamos a tope e aplaudimos ó final polo ben que foi a clase!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...