Quixemos simular o que fan os de primaria e chegou o momento:
HOXE HOUBO EXAME SORPRESA.
Falamos dos exámenes e as normas que había que cumprir que foron dicindo eles:
- Non se pode falar nada
- Non se pode copiar do compañeiro
- Temos que estar atentos ás explicacións do profesor para saber que hai que facer.
- Hai que ser ordeados e facer boa letra, tratar de que sexa pequena coma as dos maiores.
- Presentar ben a folla sen roturas nin que esté sucia.
- Repasar antes de entregar.
- E moi importante: poñer o nome e a data.
- Por último, HAI QUE SEPARAR AS MESAS!!jeje
Así que, despois diso, falamos das distintas "notas" que se podería sacar:
M - Mal
R - Regulín regulan
B - Ben
MB - moi Ben, excelente.
Así que, puxéronse mans á obra e, concetrados, a traballar. Sei que as preguntas eran un pouquiño complicadas pero seguro que o fan ben (por exemplo, colorea a bolboreta por dentro sen sairte, adiviñar os números que faltan da serie numérica do 1 ó 10, fai un debuxo a lapiz, escribe a letra inicial do nome dun debuxo...)
E que non vos imaxinades o ben que o fixeron e o silencio que alí había.
Queredes ver un pouquichiño desta experiencia? PINCHADE na imaxe de abaixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario