Estivemos traballando de maneira manipulativa coas fabas para unha tarefa do caderno de lóxica matemática. Tiñamos que desmenuzar números e nada mellor que xogando e non comento, como pensaban.
¿CANTAS FABAS TEMOS?
POIS 1,2,3....TEMOS 8!!!
Colocámolas en orden.
E SE AS DIVIDIMOS EN 2 GRUPIÑOS IGUAIS?
CANTAS FABAS HABERÍA EN CADA GRUPO SE DEBEN SER IGUAIS?
SE O COMPLICAMOS E FACEMOS 4 GRUPOS?
CANTAS FABAS DEBERÍA HABER EN CADA UN PARA ESTAR IDÉNTICOS?
Esto é divertido pero, xa que temos as fabas, que tal se XOGAMOS POR PARELLAS? Imos rescatar un xogo que xogaban os nosos pais, avós e bisabós. Así que, por parellas, cada membro colle 4 fabas e debemos xogar a coller unha cantidade delas sen dicirlle nada á parella e, ás outras, agachalas noutra man. Unir os puños e tratar de adiviñar cantas fabas teñen en total entre a parella. Non deben dicir o mesmo número pero pode ser desde 0 ata 8 que sería o total de fabas. Quen acertará?
QUE DIVERTIDO!!!
Agora temos gardadas as fabas nos petos para xogar despois durante o recreo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario